Trais o éxito acadado na edición anterior, queremos afianzarnos como referente no sector das feiras nupciais e eventos análogos de toda a provincia.
Reuniremos en 1.000m2 o mellor da oferta comercia no sector das vodas e demais celebracións, como poden ser as comuñós, bautismos, ou calquera outro tipo de evento.
TARIFAS
Stand 8m2
Zona central da carpa. Stand aberto por todos os lados.
365€
8 stand, adxudicaranse por orde de chegada.
Stand 9m2
Zona lateral da carpa. Stand aberto polo fronte.
390€
Chan 9m2
Zona lateral
265€
O Stand inclúe rotulación, cadro eléctrico e iluminación.
A zona de chan terá acceso ao cadro eléctrico. Os expositores que o desexen só chan deberán presentar un bosquexo/imaxe coa decoración/materiais a empregar.
A reserva e distribución dos stands realizarase por estricta orde de chegada e sector.
Unha vez realizada a reserva, o expositor aportará datos, logo e fotografía da súa empresa para publicar no web e nas redes sociais da Feira.
Obradoiros
Os expositores que desexen realizar un obradoiro ou demostración durante os días da feira deberán comunicalo á organización.
Se non se desexa acudir como expositor o custo da realización do obradoiro/demostración será de 150€.
Se desexas máis información podes escribirnos a: info@viveirovaidevoda.com ou chamar ao 982550707